Inaugúrase este xoves a décima edición do curso de perfeccionamento en dereito de familia e sucesións

Inaugúrase este xoves a décima edición do curso de perfeccionamento en dereito de familia e sucesións
Inaugúrase este xoves a décima edición do curso de perfeccionamento en dereito de familia e sucesións

A conferencia inaugural correrá a cargo da maxistrada da Sala 1ª do Tribunal Supremo e catedrática de Dereito Civil da Universidade de Zaragoza, Mª Ángeles Parra Lucán

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, inaugura hoxe xoves 31 ás 16:30 horas en Dereito a décima edición do curso de perfeccionamento en dereito de familia e sucesións. Na apertura intervirán tamén o director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Juan José Martín; o decano da Facultade, Gumersindo Guinarte Cabada, e a co directora do curso, Ana Díaz Martínez.

A conferencia inaugural correrá a cargo da maxistrada da Sala 1ª do Tribunal Supremo e catedrática de Dereito Civil da Universidade de Zaragoza, Mª Ángeles Parra Lucán, que estará acompañada do presidente da Audiencia Provincial da Coruña, José Luis Seoane Spiegelberg; do co director do curso, Angel Rebolledo Varela, e do decano do Colexio de Avogados de Santiago, Francisco Rabuñal.

Cunha duración de xaneiro a xuño, o curso tivo como precedentes tres edicións dun curso de Dereito de familia e catro doutro de Dereito de sucesións. En total, pasaron por estas aulas máis de 500 avogados e avogadas de toda Galicia, interesados en actualizar coñecementos para a resolución dos problemas actualmente máis conflitivos en relación cos procedementos matrimoniais, efectos civís das sentenzas de separación e Divorcio, sociedade de gananciais, unións de feito, filiación, protección de menores, capacidade e protección da persoa, así como os problemas sucesorios máis vinculados á institución familiar.

Comentarios