Chuvias e máis chuvias nun xoves de borrascas profundas no norte

Chuvias e máis chuvias nun xoves de borrascas profundas no norte
Chuvias e máis chuvias nun xoves de borrascas profundas no norte

En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima ata os 13ºC

O xoves Galicia queda na influencia dunha profunda borrasca situada ao sur de Irlanda que nos enviará unha fronte fría durante a mañá e deixará temporal de vento no mar. 

Con esta situación comezaremos o día cos ceos cubertos e chuvias. 

Pola tarde abriranse claros e as chuvias terán carácter intermitente para volver a cubrirse pola noite con chuvias persistentes durante a madrugada. 

A cota de neve irá en progresivo descenso quedando pola noite nos 1.000 m. 

As temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios. En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima ata os 13ºC.

O vento soprará forte do sudoeste, con intervalos moi fortes no litoral á noite.

Comentarios
Lo más