Unha colisión entre catro vehículos deixa a unha persoa ferida en Nigrán

Unha colisión entre catro vehículos deixa a unha persoa ferida en Nigrán
Unha colisión entre catro vehículos deixa a unha persoa ferida en Nigrán

Unha persoa resultou ferida nun accidente no concello de Nigrán

Unha colisión por alcance na PO-552 entre catro vehículos que circulaban ao seu polo municipio de Nigrán deixa unha persoa ferida.

O aviso recibíase no 112 Galicia, ao fío das 07:45 horas desta mañá, cando unha persoa particular chamaba a esa hora para pedir axuda. Axiña, os xestores de emerxencias do 112 Galicia informaban dos feitos ademáis de aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos membros do GES de Val Miñor e a Protección Civil da localidade.

Segundo os datos facilitados ao CIAE-112 Galicia, a persoa ferida foi trasladada polos profesionais sanitarios ao Hospital Povisa de Vigo.

Comentarios
Lo más