Boqueixón e Vedra ofertan un Curso de Monitor de Tempo Libre

Boqueixón e Vedra ofertan un Curso de Monitor de Tempo Libre
Boqueixón e Vedra ofertan un Curso de Monitor de Tempo Libre

As inscricións deberán formalizarse na OMIX de Boqueixón durante o mes de febreiro

Os Concellos de Boqueixón e Vedra, a través das súas OMIX, veñen de convocar unha nova edición do Curso de Monitor de Tempo Libre. Trátase dunha acción formativa dirixida á mocidade de entre 18 e 30 anos e que dará comezo no próximo mes de abril. As inscricións deberán formalizarse na OMIX de Boqueixón durante o mes de febreiro. 

Este curso ten un límite de 25 prazas e ofrece un total de 200 horas de formación que se complementarán con 150 horas de prácticas en entidades. O prezo e os horarios dependerán no número de persoas que formalicen previamente a súa solicitude de participación nesta proposta formativa.

Dende a OMIX de Boqueixón animan á mocidade a inscribirse neste curso, xa que supón unha excelente oportunidade para atopar un oco no mercado laboral.

Comentarios