A Audiencia de Lugo condena a cinco acusados de tentar introducir media tonelada de cocaína oculta entre peixe

A Audiencia de Lugo condena a cinco acusados de tentar introducir media tonelada de cocaína oculta entre peixe
Foto de arquivo
A Audiencia de Lugo condena a cinco acusados de tentar introducir media tonelada de cocaína oculta entre peixe

A cocaína foi localizada en setembro de 2010 no porto de Marín, a onde chegou en dous contedores transportados por un buque de mercadoría procedente de Ecuador

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco persoas a penas de nove e once anos de cárcere por importar desde Ecuador a Galicia media tonelada de cocaína, que foi taxada pericialmente en 17,8 millóns. O tribunal impuxo a catro dos imputados como autores dun delito de tráfico de drogas, coa atenuante de dilacións indebidas, nove anos de cárcere e unha multa de 70 millóns de euros. O quinto acusado foi condenado a abonar a mesma multa e a once anos de prisión, pois os xuíces tiveron en conta a agravante de reincidencia.

A Audiencia considera probado que os sospeitosos mantiveron contactos e reunións en Galicia e Madrid co obxectivo de introducir en España a droga utilizando o transporte marítimo. Para iso, segundo a sentenza, simularon operacións comerciais que tiñan por obxecto a importación de peixe conxelado a través da empresa da que era administrador único un dos acusados. A cocaína foi localizada en setembro de 2010 no porto de Marín, a onde chegou en dous contedores transportados por un buque de mercadoría procedente de Ecuador.

Comentarios