Ames aproba por unanimidade o crédito extraordinario de 312.127€ para sufragar as actuacións da EDUSI 2019

Ames aproba por unanimidade o crédito extraordinario de 312.127€ para sufragar as actuacións da EDUSI 2019
Ames aproba por unanimidade o crédito extraordinario de 312.127€ para sufragar as actuacións da EDUSI 2019

O Pleno deulle luz á concertación dun crédito extraordinario, por valor de 312.127,29 euros, para poder sufragar as actuacións do exercicio 2019 incluídas no Plan Impulsa Ames da EDUSI

Este xoves, 31 de xaneiro, celebrouse o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro no que a Corporación municipal aprobou por unanimidade concertar o crédito extraordinario 1/19, por valor de 312.127 euros, para sufragar as actuacións do exercicio 2019, incluídas no Plan Impulsa Ames da EDUSI. Outros temas que saíron adiante foron: a aprobación inicial da ordenanza de Convivencia cidadá do Concello de Ames; a aprobación inicial do regulamento do programa Xantar na Casa; a resolución das alegacións e maila aprobación definitiva da modificación do regulamento de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes divertidas; e mailo Acordo para a estabilización do emprego temporal no Concello de Ames.

O Pleno deulle luz á concertación dun crédito extraordinario, por valor de 312.127,29 euros, para poder sufragar as actuacións do exercicio 2019 incluídas no Plan Impulsa Ames da EDUSI. A situación económica do Concello permite concertar este tipo de créditos para abordar o financiamento de grandes investimentos. Neste caso o Concello de Ames está inmerso na execución do Plan Impulsa Ames, para o que conta con 5 millóns de euros de fondos FEDER. Ademais, o Concello de Ames ten que achegar a este plan a contía de 1.250.000 euros, que representa o 20% do total. A estratexia desenvolverase ao longo dos exercicios 2018-2023.

Para facer fronte nas distintas anualidades á achega municipal das distintas actuacións, estase a acudir a concertación de operacións de endebedamento en cada anualidade. Na actualidade estase a traballar no proxecto de orzamentos para 2019, sen embargo iniciado o exercicio faise necesario acometer os investimentos incluídos na estratexia EDUSI Impulsa Ames para este exercicio. Para o 2019 recóllense novas actuación para a posta en marcha neste exercicio, sen embargo outras xa foron iniciadas en 2018 e necesitan contar con financiamento para que se executen na súa totalidade este ano.

Polo tanto as actuacións previstas deben adecuarse ao calendario enviado ao Ministerio e non poden demorarse, polo que é preciso acudir á concertación de dita operación de endebedamento para facer fronte as actuación incluídas na anualidade 2019. Executar ditos proxectos terá un custo de 1.776.636,45 euros, dos cales 1.421.309,16 euros sufráganse con fondos FEDER e os 355.327,29 euros restantes achégaos o Concello de Ames.

As actuacións que se financiarían neste exercicio serán as seguintes: instalación dun sistema térmico en edificios municipais; implantación de procedementos de E-administración; instalación de dispositivos de sensorización presencial en farois, en equipamentos socioculturais e deportivos; eliminación de barreiras de accesibilidade; implantación da Tarxeta cidadá; instalación de equipamento de módem Wifi e de ordenadores cos periféricos necesarios para todos los equipamentos públicos existentes no municipio; implantación da carteleira dixital; instalación de sensores lumínicos en diferentes tramos de alumeado público municipal xestionando a intensidade lumínica emitida polos farois; instalación do alumeado no sendeiro do CEIP Agro do Muíño; construción con criterio de eficiencia enerxética do Centro multidisciplinar xoven; e deseño e desenvolvemento do programa de inserción de colectivos.

Comentarios
Lo más