Piden que se actúe na parcela municipal dos contedores de lixo en Basquiños

Piden que se actúe na parcela municipal dos contedores de lixo en Basquiños
Foto de arquivo
Piden que se actúe na parcela municipal dos contedores de lixo en Basquiños

Dende Compromiso piden que se limpe e se proceda ao acondicionamento da parcela, poñendolle fin á situación actual

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas próximas eleccións locais, pide que se actúe na parcela que está a altura do número 46 da rúa dos Basquiños. 

"O lugar está a converterse nunha mala sorte de zona de contedores do lixo con maleza, e na que adoita haber presenza de distintos enseres abandonados. Todo isto fai deste emprazamento un lugar insalubre e xeneran preocupación e malestar entre a veciñanza do barrio", asegura a formación galeguista.

Dende Compromiso piden que se limpe e se proceda ao acondicionamento da parcela, poñendolle fin á situación actual. Segundo Bascuas, “non se entende que sendo unha finca de titularidade municipal se atope nese estado e non se poña ningún tipo de solución para recollida do lixo do barrio”. 

De igual modo, a agrupación galeguista enmarca esta situación “na falla de limpeza que se está a xeralizar por todo o Concello e que perxudica notablemente á imaxe pública de Santiago”.

Comentarios
Lo más