Julián Álvarez Escudero, decano de Medicina na USC, estará nos Luns do Ateneo

Julián Álvarez Escudero, decano de Medicina na USC, estará nos Luns do Ateneo
Julián Álvarez Escudero, decano de Medicina na USC, estará nos Luns do Ateneo

Julián Álvarez Escudero, Catedrático e Especialista de Anestesioloxía, Reanimación e Tratamento da Dor da USC, é Xefe deste Servizo no CHUS dende 1990

Nestas semanas o aumento dos casos de gripe así como os recortes que se veñen producindo no sistema sanitario ao longo dos últimos anos deron lugar a un colapso nos servizos de urxencias e os PAC dos hospitais galegos, entre eles o Hospital Clínico Universitario de Santiago, xerando protestas, concentracións e folgas dos profesionais e pacientes reclamando máis persoal e medios.

Pero lonxe de ser casos illados, os cidadáns galegos observan, ano tras ano, como co comezo do inverno e os brotes de gripe estes colapsos se volven cada vez máis frecuentes e pregúntanse se está a Sanidade constantemente en crise.

E esta é a pregunta que vai tratar de aclarar o Decano da Facultade de Medicina da USC Julián Álvarez Escudero na conferencia de Os Luns do Ateneo, a cal leva por título “Sanidade: unha crise permanente?” e que se desenvolverá a partir das 20.00 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela.

Julián Álvarez Escudero, Catedrático e Especialista de Anestesioloxía, Reanimación e Tratamento da Dor da USC, é Xefe deste Servizo no CHUS dende 1990. Actualmente preside a Sociedade Española de Anestesioloxía, Reanimación e Terapéutica da Dor (SEDAR) e é Académico Numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

Comentarios
Lo más