Morre unha persoa tras bater o seu vehículo contra o muro dunha casa en O Irixo

Morre unha persoa tras bater o seu vehículo contra o muro dunha casa en O Irixo
Morre unha persoa tras bater o seu vehículo contra o muro dunha casa en O Irixo

Os servizos sanitarios non puideron facer nada pola vida da vítima e confirmaron o seu falecemento

Unha persoa perdeu a vida esta mañá no termo municipal ourensán do Irixo ao saírse da vía e bater contra o muro dunha casa o turismo no que viaxaba.

O accidente ocorreu no lugar de Guimarás, na estrada que une O Carballiño e O Irixo, ao redor das 11:15 horas. Nese momento unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do sinistro.

Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Ourense. Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia se pasou o aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros do Carballiño que, unha vez no lugar do accidente, descartaron empregar o material de excarceración para liberar á vítima, xa que se atopaba accesible.

Pola súa banda, os efectivos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da persoa accidentada.

Comentarios
Lo más