Medio Rural avanza os trámites da parcelaria de Santa María de Budiño, no Concello de O Pino

Medio Rural avanza os trámites da parcelaria de Santa María de Budiño, no Concello de O Pino
Foto de arquivo
Medio Rural avanza os trámites da parcelaria de Santa María de Budiño, no Concello de O Pino

O Diario Oficial de Galicia publicou a revisión cartográfica e documental deste proceso, unha xestión que permitirá formalizar a inscrición no rexistro dos títulos de propiedade dos terreos de reemprazo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou un anuncio da Consellería do Medio Rural coa resolución relativa á revisión cartográfica e documental do acordo de concentración parcelaria da zona de Monte de Santa María de Budiño, no municipio coruñés do Pino.

A consellería ditou resolución para, previa a revisión cartográfica e documental do acordo firme, obter a coordinación entre os datos gráficos e alfanuméricos dos diversos predios resultantes deste proceso, a fin de poder levar a cabo a inscrición no rexistro dos títulos de propiedade de todos os terreos de reemprazo.

Esta resolución é consecuencia da entrada en vigor da reforma das leis hipotecaria e do catastro inmobiliario, que introduce unha serie de modificacións polas que non se podía efectuar a inscrición rexistral dos títulos de propiedade da zona tal e como figuraban, de aí a necesidade da súa revisión.

A inscrición no rexistro sería o derradeiro trámite desta zona de concentración parcelaria que conta cunha superficie de 671 hectáreas, distribuídas en 697 terreos de reemprazo pertencentes a un total de 468 propietarios.

Enlace ao anuncio no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190204/AnuncioG0426-180119-0001_gl.html

Comentarios
Lo más