Presentación da edición en italiano do libro de Luís Celeiro “Elías Valiña, valedor do Camiño (1959-1989)

Presentación da edición en italiano do libro de Luís Celeiro “Elías Valiña, valedor do Camiño (1959-1989)
Foto de arquivo
Presentación da edición en italiano do libro de Luís Celeiro “Elías Valiña, valedor do Camiño (1959-1989)

Terá lugar hoxe ás 11:00 horas no Museo das Peregrinacións

Hoxe martes día 5 de febreiro, ás 11:00 horas, no Museo das Peregrinacións (praza de Praterías. Santiago de Compostela), presentarase a edición en italiano do libro de Luís Celeiro “Elías Valiña, valedor do Camiño (1959-1989)”, editado pola Xunta de Galicia, en galego e castelán, no ano 2007.

A edición en italiano titulase “Elías Valiña, il paladino del Cammino (1959-1989)” e a tradución fíxose cun proxecto docente dirixido pola profesora Daniela Zizi, no marco académico do Grao de "Traduzione Specialistica dei Testi" da Universidade italiana de Cagliari.

No acto de presentación deste libro, editado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) e a Editorial Bolanda, participará, xunto coa profesora italiana, o director do departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC, Francis Buono Benedict; o presidente de APECSA, Xosé Mª García Palmeiro, e unha representación do Xacobeo. Estarán presentes once dos doce estudantes que participaron na tradución.

Comentarios