Morre un veciño de Valga despois de sufrir un accidente co seu tractor

Morre un veciño de Valga despois de sufrir un accidente co seu tractor
Morre un veciño de Valga despois de sufrir un accidente co seu tractor

Un veciño de Valga faleceu despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba no lugar de Balleas.Pasadas as 13:15 horas desta tarde, os servizos sanitarios puxéronse en contacto co 112 Galicia para informar dunha persoa atrapada ao envorcar o tractor que manexaba. Decontado, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vilagarcía e dos axentes da Policía Local de Valga e tamén pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos membros do GES da localidade.Con todo, malia aos esforzos, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do condutor.

Un veciño de Valga faleceu despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba no lugar de Balleas.

Pasadas as 13:15 horas desta tarde, os servizos sanitarios puxéronse en contacto co 112 Galicia para informar dunha persoa atrapada ao envorcar o tractor que manexaba. 

Decontado, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vilagarcía e dos axentes da Policía Local de Valga e tamén pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos membros do GES da localidade.

Con todo, malia aos esforzos, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do condutor.

Comentarios