O conselleiro de Sanidade pide máis prazas MIR a Madrid

O conselleiro de Sanidade pide máis prazas MIR a Madrid
Foto de arquivo
O conselleiro de Sanidade pide máis prazas MIR a Madrid

Concretamente 6 en pediatría e 13 en medicina de familia

Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade trasladoulle a María Luisa Carcedo, ministra de Sanidade, a falta de renovación de médicos pola ausencia de especialistas, sobre todo en pediatría e en medicina de familia. O conselleiro pediu máis prazas MIR, concretamente 6 en pediatría e 13 en medicina de familia. Así chegaríase ao máximo total de 124 na especialidade de medicina de familia e 26 en pediatría. Este dato permitiría que cada ano saliran 150 novos profesionais de estas áreas dos hospitais galegos. Almuiña espera que as plazas estean habilitadas par o MIR do 2020. Madrid ten que responder antes de que finalice xullo.

O Ministerio non fará unha convocatoria MIR extraordinaria para estas especialidades, así llo trasladou a ministra. Outra alternativa sería axiliar a homologación de títulos estranxeiros. A ministra, María Luisa Carcedo, confirmou ao conselleiro Vázquez Almuiña, que no primeiro trimestre deste ano farase un examen para 500 médicos extracomunitarios. O conselleiro insiste: «en catro anos a diferenza entre xubilados e incorporados vai a ter unha decalaxe importante», debido a que o número de facultativos que chegan á idade de xubilación é importante.

Comentarios