Falece un operario en Brión tras caerlle unha árbore enriba

Falece un operario en Brión tras caerlle unha árbore enriba

Sucedeu na estrada que une Urdilde e Negreira, nas proximidades da igrexa de Luaña

Un traballador perdeu a vida esta mañá despois de caerlle unha póla dunha árbore enriba en Brión. Sucedeu na estrada que une Urdilde e Negreira, nas proximidades da igrexa de Luaña.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente laboral, ao fío das 10:55. Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que debido á gravidade da situación, mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Santiago. Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil e do GES de Brión.

A pesar dos esforzos por salvarlle a vida ao traballador, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Comentarios