Bascuas presenta unha moción para darlle o nome de Celia Rivas á variante de Aradas

Bascuas presenta unha moción para darlle o nome de Celia Rivas á variante de Aradas
Bascuas presenta unha moción para darlle o nome de Celia Rivas á variante de Aradas

Compromiso pide o recoñecemento da primeira camioneira de todo o Estado

Compromiso por Galicia, por medio de Xoán Bascuas, o seu candidato ás eleccións locais, propón designar co nome de "Celia Rivas" á variante de Aradas.

Dende a formación galeguista propoñen o cambio de nome para recoñecer a traxectoria vital de Celia Rivas, a primeira camioneira do estado español. Esta fisterrá herdou este oficio de seu pai, e conseguiu o carné xusto antes de comezar a Guerra Civil. Fundaría logo a empresa que leva o seu apelido. Tiña sona de ser a mellor compradora da lonxa fisterrá e que estaba dotada dun sensible instinto para os negocios, o que fixo dela unha muller emprendedora ao longo da súa vida.

Por isto a vida de Celia Rivas e un exemplo a seguir e unha muller emprendedora que loitou polo seu soño, sendo pioneira nunha profesión só destinada para os homes. Dende Compromiso agardan que esta moción se debata no próximo pleno e teña o apoio de todos os grupos municipais.

Comentarios