Os Xenerais da Ulla xa engalanan os seus cabalos

Os Xenerais da Ulla xa engalanan os seus cabalos
Foto: Turismo de Galicia
Os Xenerais da Ulla xa engalanan os seus cabalos

Contámosvos a historia e as peculiaridades dun dos entroidos máis espectaculares de Galicia

A comarca da Ulla ten un orixinal entroido rural que se remonta a mediados do século XIX. Os personaxes máis importantes son os Xenerais e os Correos a cabalo, que recorren as parroquias ao longo do día dando vivas (palabras cheas de desexos de vida para cada familia) a veciños e visitantes. Van acompañados dun "exército" de abanaderados, coros, comparsas e parrandas, e mesmo Xenerais infantís.

A singularidade de este entroido débese principalmente á presenza dos Xenerais e os Correos que levan unha vestimenta tan vistosa que recorda á dos militares de época napoleónica. 

A súa orixe é difícil de determinar con precisión. Algunhas persoas relacionan este entroido coa Guerra de Independencia ou Guerra Afrancesada. Outra posible orixe pode ser os reclutamentos para os exércitos de mozos das zonas rurais de Galicia no século XIX que aprendían a xerga e o comportamento militar que é o que se reproduce nestas mascaradas da Ulla.

O antropólogo Xosé Manuel González Reboredo, estudioso do Entroido da Ulla, conversa con COMPOSTELA24HORAS.COM para contarnos a historia e as características do Entroido da Ulla. Según Reboredo, este entroido é a afirmación dunhas unidades de convivencia social importantes na Galicia rural tradicional: a familia, a aldea e a parroquia. Os Xenerais van de casa en casa, por todas as casas das parroquia, dando os vivas aos membros da familia.

Por outro lado, o antropólogo indícanos que os xenerais e os correos (que son axudantes dos xenerais) ao caer da tarde enfréntanse no que se chama un atranque o un alto. Son pezas de teatro popular que normalmente elaboran algunhas persoas da parroquia e que acostuman a ser enfrentamentos dialécticos por parellas, primeiro entre correos, despois entre xenerais. Adoitaban facer sátira e burla de asuntos locais ou do corazón. Tamén describían feitos de política local ou nacional. Despois destes debates, os xenerais debatían sobre enfrentamentos a nivel mundial, ainda que están desaparecendo cos anos segundo afirma Reboredo. O antropólogo recórdanos uns versos de fai máis de 35 anos, cando se estaba a desenvolvendo a Guerra das Malvinas:

- "Combatiendo en las Malvinas allí me pasé seis meses. Y eché al fondo del mar varios navíos ingleses"

- "Pues yo combatí en Irak al mando de una patrulla. Y tiemblan los irakís al nombrar a Rivadulla"

Xosé Manuel González Reboredo fai mención dunha novidade moi importante que foi a incorporación da muller ao Entroido da Ulla. A muller sempre tivo participación pero nos coros. Tradicionalmente eran sempre homes porque nos exercitos mundiais da época eran eles os que participaban, non había mulleres militares. Agora o mundo cambia e muller incorpórase a todos os aspectos da vida, polo que no Entroido da Ulla tamén aparecen mulleres facendo de xenerais dende hai anos.

O Entroido da Ulla formado por Xenerais e Correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do carnaval tradicional galego. Se ainda non o coñece, merece a pena vivilo. Para iso adxuntamos o calendario dos atranques ou altos, momento cumio da celebración:

Sábado 9 febreiro

- 17:30 h. Santiago de Compostela Praza de Europa (Área Central)

Sábado 16 febreiro

- 19.30 h. Castiñeiriño (Santiago de Compostela) Campo da Festa - detrás da Igrexa

Domingo 17 febreiro 

- 20:00 h. Rarís (Teo) Campo da Festa

Sábado 23 febreiro 

- 18:00 h. Lamela (Silleda) Campo da Festa

- 19:00 h. Marrozos (Santiago de Compostela) Campo da Festa

- 19:30 h. Reis (Teo) Campo da Festa

Domingo 24 febreiro

- 16:30 h. Bama (Touro) Campo da Festa

- 16:30 h. Merza (Vila de Cruces) Campo da Festa

- 19:00 h. Angrois (Santiago de Compostela) Campo da Festa de Soutiño

- 19:30 h. Reis (Teo) Campo da Festa

Sábado “de Entroido” – 2 marzo

- 17:30 h. A Bandeira (Silleda) Praza de Juan Salgueiro (antiga Praza da Feira)

- 18:30 h. Aríns (Santiago de Compostela) Campo da Festa - r/San Martiño

- 19:30 h. Santa María de Teo (Teo) Campo da Festa

- 19:00 h. Vilanova (Vedra) Campo da Festa de Picón

Domingo “de Entroido” – 3 marzo

- 19:00 h. Sergude (Boqueixón) Campo da Festa

- 19:00 h. O Eixo (Santiago de Compostela) Carballeira do Souto - Santa Lucía

- 19:30 h. Santa Cristina de Vea (A Estrada) Campo da Festa

- 19:00 h. Vilariño (Teo) Campo da Festa

Martes “de Entroido” – 5 marzo

- 12:00 h. “Feira do 5” - Fonte Díaz (Touro) Rúas principais

- 16.00 h. Fao (Touro) Campo da Festa

- 19.00 h. Entroido Municipal (A Estrad a) Campo da Feira

Sábado “de Piñata” – 9 marzo

- 19:00 h. San Xián de Sales (Vedra) Campo da Festa

Domingo “de Piñata” – 10 marzo

- 12:30 h. XXXVI Festa da Filloa - Lestedo (Boqueixón) IV Gran Desfile dos Xenerais da Ulla

- 17:00 h. Atranque dos Xenerais

- 16:00 h. Salgueiros (Vila de Cruces) Campo da Festa

- 19:00 h. Trobe (Vedra) Campo da Festa

Comentarios
Lo más