Diego Montero, coordinador do FC Meigas, estará representando ao club na selección galega

Diego Montero, coordinador do FC Meigas, estará representando ao club na selección galega
Diego Montero, coordinador do FC Meigas, estará representando ao club na selección galega

O FC Meigas, co seu traballo profesional, sempre buscando a excelecia e a superación, formando tanto xogadoras como técnicos, neste caso, representado por Diego Montero que participará por segundo ano consecutivo na fase final dun campionato de España

FC Meigas, na aposta pola formación responsable e completa, pola mellora constante buscando novas metas e desafíos, partindo sempre da base sólida do traballo ben feito, está a gozar dun novo recoñecemento a todo isto.

O FC Meigas está moi ben representado no campionato de España, por Diego Montero, coordinador deportivo do Club, que forma parte do corpo técnico que leva a selección galega a este campionato tras ser a selección gañadora da fase previa disputada o pasado 4 e 5 de xaneiro en Vilalba (Lugo), gañando os partidos disputados coas seleccións das comunidades de Ceuta e Madrid.

A partir do 9 de febrerio, en Madrid, no Pavillón da Cidade do Fútbol das Rozas, disputaráse a fase final do campionato de España de seleccións autonómicas sub 20, data na que a selección galega terá o primeiro partido contra a selección da comunidade de Andalucia, participando tamén como clasificadas para esta fase, as seleccións das counidades de Cataluña e Murcia.

O FC Meigas, co seu traballo profesional, sempre buscando a excelecia e a superación, formando tanto xogadoras como técnicos, neste caso, representado por Diego Montero que participará por segundo ano consecutivo na fase final dun campionato de España (o ano pasado formou parte do corpo técnico da Selección Galega Feminina sub15). 

Comentarios