Confirmada a absolución do acusado de asasinar a un home en Fisterra

Confirmada a absolución do acusado de asasinar a un home en Fisterra
Confirmada a absolución do acusado de asasinar a un home en Fisterra

A sala destaca que, tal e como sinalou o Xurado, as probas indiciarias, mostran “serias dúbidas” da culpabilidade do sospeitoso

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña que, de acordo ao veredicto do Tribunal do Xurado, absolve a un acusado de asasinar en decembro de 2016 a un home ao que lle compraba droga. A vítima foi achada morta no seu domicilio, situado en Finisterre, con evidentes signos de violencia.

O TSXG rexeita que a resolución careza de motivación. “As partes tiveron ocasión de formular a pertinente reclamación no momento de coñecer a acta do veredicto, instando a súa devolución ao Xurado para emendar o eventual defecto que cresen concorrente, pero o certo é que non o fixeron, co que non poden denunciar agora a ausencia de motivación do mesmo”, indican os maxistrados.

A sala destaca que, tal e como sinalou o Xurado, as probas indiciarias, mostran “serias dúbidas” da culpabilidade do sospeitoso, ao que se une “a proba directa de visión da vítima por parte dunha testemuña ao día seguinte de estar co acusado”. Esas dúbidas, tal e como consta na sentenza, son “incompatibles coa certeza necesaria para desvirtuar a presunción de inocencia, por iso é polo que se ditou un veredicto de non culpabilidade”. 

Comentarios
Lo más