Padrón dará a coñecer as súas zonas de estacionamento gratuitas

Padrón dará a coñecer as súas zonas de estacionamento gratuitas
Padrón dará a coñecer as súas zonas de estacionamento gratuitas

O BNG foi o responsable da proposición que foi aprobada no pleno da semana pasada

O pasado xoves celebrouse en Padrón o pleno municipal no que por unha parte aprobouse o orzamento do Concello para o 2019 pero tamén saíu adiante unha proposta do BNG para sinalizar e publicitar as zonas de aparcamento libre e gruito na vila.

A formación nacionalista pide a elaboración dun plano que informe das áreas de estacionamento e no que se especifique o tempo que levaría dende dito sitio ata o centro da vila. A difusión deste material faríase a traves de Internet, redes sociais, anuncios e en papel. 

A votación puido saír adiante con apoio do Goberno e dos diferentes partidos da oposición que deron a súa aprobación así como tamén a contratación de dous paneis anunciando as diferentes zonas de estacionamento libre para todos os vehículos que entren na localidade.

Esta medida pretende que tanto os veciños de Padrón como os visitantes que visiten a vila teñan a súa visibilidade as diferentes áreas de estacionamento gratuito.

Comentarios
Lo más