Un varón duns sesenta anos perde a vida ao caer dunha árbore nas Nogais

Un varón duns sesenta anos perde a vida ao caer dunha árbore nas Nogais
Un varón duns sesenta anos perde a vida ao caer dunha árbore nas Nogais

O accidente mortal produciuse ao fío do mediodía de hoxe no lugar de Doncos, concello lugués das Nogais

Un varón duns sesenta anos de idade falece despois de caer dunha árbore cando realizaba traballos forestais nunha finca da súa propiedade.

O accidente mortal produciuse ao fío do mediodía de hoxe no lugar de Doncos, concello lugués das Nogais.

Foi un veciño quen pediu axuda a través do 112 Galicia ao decatarse da falta de pulso da vítima. Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, informou aos profesionais sanitarios, que nada puideron facer por salvar a vida do home.

No operativo tamén colaboraron os membros do GES de Becerreá e os axentes da Garda Civil, alertados desde o 112 Galicia.

Comentarios
Lo más