A programación infantil con Apego comeza hoxe co espectáculo “A Fiestra dos Soños” de Trotaventos

A programación infantil con Apego comeza hoxe co espectáculo “A Fiestra dos Soños” de Trotaventos
A programación infantil con Apego comeza hoxe co espectáculo “A Fiestra dos Soños” de Trotaventos

Dita programación bota a andar este venres, 8 de febreiro, co espectáculo “A fiestra dos Soños”, a cargo do grupo Trotaventos. A función, que comezará ás 18.00 horas, representarase na Casa da Cultura de Bertamiráns e está dirixira a un público familiar

O Concello de Ames vén de presentar a programación infantil con Apego para os vindeiros catro meses, cunha vintena de iniciativas que se desenvolverán ao longo de febreiro, marzo, abril e maio. Dita programación bota a andar hoxe venres, 8 de febreiro, co espectáculo “A fiestra dos Soños”, a cargo do grupo Trotaventos. A función, que comezará ás 18.00 horas, representarase na Casa da Cultura de Bertamiráns e está dirixira a un público familiar. As entradas poden mercarse na Billeteira electrónica, a través da páxina web do Concello de Ames. O custo das entradas é de 4 euros en tarifa xeral, con descontos do 50% para maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné.

A programación con Apego do Concello de Ames estrease este venres, 8 de febreiro, co concerto: A fiestra dos soños, do grupo Trotaventos na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 18.00 horas. Está baseado no libro de poemas ilustrados e musicados A fiestra dos soños. O espectáculo consistirá nun concerto para soñadores/as no que, a través dunha fiestra musical, os espectadores poderán asomarse a un mundo máxico formado por ritmos variados e actuais con raíces en diversas músicas populares.

As entradas para asistir a este espectáculo xa están dispoñibles a través da Billeteira electrónica, mentres que só un 10% se reservarán, como é habitual, para vender de xeito presencial unha hora antes do comezo do espectáculo. O custo das entradas é de 4 euros, con descontos do 50% para persoas maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné.

Comentarios
Lo más