Nova xuntanza de Ateneos de Galicia en Marín

Nova xuntanza de Ateneos de Galicia en Marín
Nova xuntanza de Ateneos de Galicia en Marín

Na xuntanza inicial mantida a iniciativa do Ateneo de Santiago asinouse un “Convenio de colaboración entre os Ateneos de Galicia”

Hoxe á tarde os Ateneos de Galicia volverán reunirse tras os acordos acadados na pasada xuntanza, celebrada o 20 de xuño na cidade de Pontevedra.

Nesta ocasión a quenda é para o Ateneo Santa Cecilia de Marín, que acollerá na súa cidade a membros das directivas dos Ateneos de Santiago, Ferrol, Vigo, Ourense e Pontevedra, nunha sesión de traballo que comezará ás 16.30 horas no telecentro da biblioteca municipal de Marín.

Entre os puntos da orde do día que se tratarán están as relacións e comunicación entre os distintos Ateneos coa creación dunha páxina web e un logotipo, as posibilidades de acceso conxunto a subvencións das Administracións Públicas e o intercambio de experiencias e actividades.

Comentarios