Bugallo traslada a Santiago Centro o seu compromiso total co Plan Estratéxico do Ensanche presentado por esta entidade

Bugallo traslada a Santiago Centro o seu compromiso total co Plan Estratéxico do Ensanche presentado por esta entidade
Foto de arquivo
Bugallo traslada a Santiago Centro o seu compromiso total co Plan Estratéxico do Ensanche presentado por esta entidade

Bugallo anunciou que poñerá en marcha, se accede á Alcaldía nas eleccións do 26 de maio, unha comisión de traballo integrada polo goberno xunto con comerciantes e veciños do barrio

O candidato Sánchez Bugallo trasladou, no marco dunha reunión coa directiva de Santiago Centro –co seu presidente, José María Sánchez, á cabeza- á que tamén asistiron as integrantes da súa candidatura Mercedes Rosón e Mila Castro, o seu compromiso co Plan Estratéxico do Ensanche, presentado esta mesma semana pola entidade. De feito, Bugallo anunciou que poñerá en marcha, se accede á Alcaldía nas eleccións do 26 de maio, unha comisión de traballo integrada polo goberno xunto con comerciantes e veciños do barrio, para priorizar as actuacións propostas por esta asociación para revalorizar o comercio do Ensanche, aplicalas, avalialas para introducir os cambios que sexan necesarios e realizar o seu seguimento.

O Plan Estratéxico que recentemente presentou os responsable de Santiago Centro para revitalizar o comercio do Ensanche e que tamén deu a coñecer onte aos socialistas, foron acollidas, segundo manifestou o propio Bugallo, “coa máxima simpatía”, entendendo, ademais, que case todas son coincidentes co modelo que defende o candidato, polo que considera que, de chegar á Alcaldía, non haberá dificultades en poñelas en marcha. Para iso, Sánchez Bugallo anunciou o seu compromiso con dito plan e, neste sentido, crear de forma “inminente” unha comisión de traballo para availar, seguir e priorizar estas medidas, que buscan revitalizar un sector, como é o comercio tradicional, que “forma parte esencial do noso modelo de cidade” e, polo tanto, “para nós é unha prioridade”.

Bugallo tamén apostou por mellorar as conexións entre o Ensanche e o casco histórico, implementando medidas que eviten esa fractura existente entre os dous barrios ou que, polo menos, a minimicen o posible, así como promovendo actuacións singulares –dun xeito especial en espazos como a Praza Roxa-, que leven ao Ensanche, sobre todo aos visitantes que cada día abarrotan a zona vella. Precisamente sobre estas iniciativas está a traballar dende o equipo redactor do programa electoral, polo que, como dixo Sánchez Bugallo, se irán dando a concretando e dando a coñecer en vindeiras datas.

Tamén a chegada do AVE e a intermodal terán unha especial incidencia no Ensanche a partires de 2021, coa chegada á cidade de milleiros de persoas, ás que, como dixo o candidato socialista, hai que facilitar o acceso ao centro de Santiago, ao tempo que se debe garantir o encaixe da propia estación dentro do Ensanche. A este respecto e para acadar estes obxectivos, defendeu que a rúa do Hórreo debe ser un bulevar urbano.

Comentarios
Lo más