A Deputación inviste 230.098,60 euros para a mellora da seguridade viaria na estrada que conecta Santiago e Vedra

A Deputación inviste 230.098,60 euros para a mellora da seguridade viaria na estrada que conecta Santiago e Vedra
A Deputación inviste 230.098,60 euros para a mellora da seguridade viaria na estrada que conecta Santiago e Vedra

As obras inclúen a construción dunha senda peonil e tamén a colocación da rede de pluviais

Durante a mañá de onte, xoves 7 de febreiro, comezaron as obras para a mellora da seguridade viaria na estrada DP-8203 que conecta Santiago de Compostela co Concello de Vedra, unha actuación na que a Deputación da Coruña inviste un total de 230.098,60 euros.

Ao inicio das obras asistiu o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que estivo acompañado da vicepresidenta provincial, Goretti Sanmartín, do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e de representantes da corporación municipal compostelana.

Supervisaron o inicio das obras, contan cunha inversión provincial de 230.098,60 euros e que permitirán mellorar a seguridade viaria nun tramo de 3 quilómetros entre o Concello de Santiago, desde Santa Lucía, e o de Vedra a través da construción dunha senda peonil de 200 metros de largo e 2 de ancho situada na zona onde hai máis vivendas.

A actuación inclúe a colocación das canalizacións necesarias para a recollida de pluviais, a través de pozos ou sumidoiros e, nos accesos a vivendas, con reixas para evitar a entrada de auga. Ademais, unha vez rematada a senda, instalarase a sinalización horizontal e vertical pertinente.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, explicou que “o obxectivo prioritario nesta actuación é aumentar a seguridade viaria nunha contorna onde hai moitas vivendas” e destacou “a colaboración do Concello como sempre en calquera proxecto”.

Por outra banda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, agradeceu “a colaboración da Deputación, que está a facer un esforzo importante en demandas históricas da cidade” e destacou que “con esta obra gáñase non só en seguridade viaria senón tamén en calidade na conexión de Santiago co concello veciño de Vedra”.

Máis de 3 millóns de euros para investimentos en Santiago

González Formoso aproveitou a visita a Santiago de Compostela para destacar os investimentos que está a levar a cabo a Deputación da Coruña ao longo de este mandato, que suman máis de 3 millóns de euros en total, sumando aqueles que están en execución, en licitación, ou en fase de expropiación.

Ademais da obra iniciada hoxe no plan de obras da Deputación para Compostela atópase a estrada que vai de Santiago ao Val do Dubra, a construción dunha ponte nesa mesma estrada ou a vía que vai de Santiago a Figueiras, entre outras.

Comentarios