A decana de Óptica e Optometría toma posesión hoxe na Facultade
06:30 08/02/19
06:30 08/02/19
Será ás 13.00 horas no Salón de Actos do centro
A profesora María Jesús Giráldez Fernández tomará posesión do seu cargo como decana da Facultade de Óptica e Optometría hoxe venres 8 ás 13.00 horas no Salón de Actos do centro (Edificio do Monte da Condesa).
A cerimonia estará presidida polo reitor da USC, Antonio López, e nela participarán tamén a vicedecana da Facultade, Luz Gigirey Prieto, e o secretario, Carlos García Resúa.