O Servizo de Deportes organiza en febreiro catro rutas de sendeirismo na Paradanta, O Caurel, Os Ancares e a Fraga de Catasós

O Servizo de Deportes organiza en febreiro catro rutas de sendeirismo na Paradanta, O Caurel, Os Ancares e a Fraga de Catasós
Foto de archivo. Fuente: Pixabay.com
O Servizo de Deportes organiza en febreiro catro rutas de sendeirismo na Paradanta, O Caurel, Os Ancares e a Fraga de Catasós

A primeira cita, o sábado 9, percorrerá a comarca da Paradanta, no concello pontevedrés da Cañiza

O Servizo de Deportes da USC organiza ao longo de febreiro catro rutas de sendeirismo que discorrerán polos concellos da Cañiza, Lalín, Quiroga e Cervantes. A primeira cita, o sábado 9, percorrerá a comarca da Paradanta, no concello pontevedrés da Cañiza, mentres que o mércores 13 a protagonista será a Fraga de Catasós en Lalín, declarada Monumento Natural pola riqueza dos carballos e castiñeiros do seu contorno.

Para mediados de mes, o sábado 16, o grupo que se forme desprazarase ao concello de Quiroga, para visitar a espectacular paisaxe do sur da serra do Caurel nunha ruta de montaña que chega ao Alto do Convento. A última das actividades programada para este mes de febreiro terá lugar no concello lugués de Cervantes o sábado 23, na coñecida Ruta do Castro en plena serra dos Ancares.

Para asistir a calquera destas rutas, que teñen como obxectivo promover o deporte na natureza e os hábitos de vida saudables e están dirixidas por persoal titulado da Fundación USC Deportiva, é imprescindible inscribirse previamente na web http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/santiago/actividades/index.html.

As rutas están dirixidas ao público xeral, polo que non é necesario pertencer á comunidade universitaria. Na web da USC poden consultarse prezos, horarios, dificultade e información máis completa sobre cada unha destas actividades, ademais de consellos xerais no caso de participar nestas rutas de sendeirismo.

Comentarios