Presentación “O Rural Que QueRemos #errequeerre”

Presentación “O Rural Que QueRemos #errequeerre”
Foto de arquivo
Presentación “O Rural Que QueRemos #errequeerre”

Terá lugar o hoxe sábado 9 de febreiro ás 12 horas da mañá

Baixo o título “O Rural Que queRemos #errequeerre”, a Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago de Compostela (Ferusa) fai unha presentación aos medios de comunicación e ás persoas interesadas que terá lugar o hoxe sábado 9 de febreiro ás 12 horas da mañá, no local sociocultural de Enfesta, sede de Ferusa.

Nesta presentación, Ferusa facilitará datos e feitos que permiten retratar de forma inequívoca o estado do rural compostelán a día de hoxe, incluíndo algunha información reveladora e mesmo sorprendente, así como as súas principais necesidades e demandas.

Comentarios