Venres de chuvia

Venres de chuvia

A mínima estará nos 6º e a máxima nos 11º

O venres entraremos na influencia dunha profunda borrasca situada ao oeste de Irlanda que nos enviará unha fronte ao final da xornada. 

En Santiago os ceos estarán con máis nubes, onde se agardan orballos. Pola noite, as chuvias irán en aumento polo noroeste e estenderanse ao leste da Comunidade. 

As temperatura mínima sufrirá un lixeiro descenso baixando ata os 6º , mentres que a máxima non terá cambio significativo manténdose nos 11º.

Comentarios