Un condutor queda atrapado ao envorcar o vehículo que conducía en Cervantes

Un condutor queda atrapado ao envorcar o vehículo que conducía en Cervantes
Foto de arquivo
Un condutor queda atrapado ao envorcar o vehículo que conducía en Cervantes

Sucedeu sobre as 22:30 horas en lugar de Vilaluz

Un condutor quedou atrapado no interior do seu vehículo logo de envorcar na cuneta cando circulaba polo lugar de Vilaluz, en Cervantes.

Desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos membros do GES de Becerreá, que procederon á excarceración do ferido para o seu prosterior traslado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

A chamada dun veciño ao 112 Galicia cando estaban a piques de dar as dez e media da noite de onte permitiu activar o operativo no que, ademais dos efectivos do GES e profesionais sanitarios, participaron os voluntarios de Protección Civil da localidade e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Tal e como indicou a persoa que alertou, o vehículo estaba coas catro rodas cara a arriba, o que lle impedía asegurar o estado do condutor. Deste xeito, púxose en marcha a intervención cos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias e os equipos de rescate de emerxencias, que localizaron ao condutor atrapado dentro do coche e procederon á súa liberación.

Comentarios
Lo más