Un home faleceu cando realizaba unha poda na súa finca de Nigrán

Un home faleceu cando realizaba unha poda na súa finca de Nigrán
Foto de arquivo
Un home faleceu cando realizaba unha poda na súa finca de Nigrán

Ocorreu ás once desta mañá no lugar das Antonesas

Un home perdeu a vida cando cortaba as pólas dunha árbore en Nigrán.

Ocorreu ás once desta mañá no lugar das Antonesas, onde a vítima estaba a realizar traballos agrícolas nunha finca da súa propiedade.

Foi un veciño quen alertou mediante unha chamada ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente, xa que o home recibira unha forte golpe na cabeza cunha póla. Así, os xestores do 112 Galicia, avisaron aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que trataron de reanimar ao doente sen éxito.

Ademais, o equipo médico contou co apoio dos membros do GES de Val Miñor e dos membros da Garda Civil para tratar de aclarar as circunstancias do suceso.

Comentarios
Lo más