A Real Filharmonía de Galiciai ofreceu un concerto para o público infantil e familiar

A Real Filharmonía de Galiciai ofreceu un concerto para o público infantil e familiar
A Real Filharmonía de Galiciai ofreceu un concerto para o público infantil e familiar

Tivo lugar onte no Auditorio de Galicia

Onte tivo lugar o  concerto para o público infantil e familiar que a Real Filharmonía de Galicia ofreceu en Santiago, no Auditorio de Galicia. Este concerto enmárcase dentro do ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, co que se busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. 

Ademais, dentro do proxecto RFG Solidaria, serviu para visibilizar o traballo que realiza a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), que traballa no eido da inclusión sociolaboral dos colectivos en situación ou risco de exclusión social. Baixo a batuta de Paul Daniel, os asistentes desfrutaron coa abertura de Funny Face, do compositor estadounidense George Gershwin e a Sinfonía nº 1 do británico William Walton.

Comentarios