Adxudicación provisional da ctuación para instalar plataforma única en dous tramos das rúas Rosalía de Castro e de Lugo en Ribeira

Adxudicación provisional da ctuación para instalar plataforma única en dous tramos das rúas Rosalía de Castro e de Lugo en Ribeira
Adxudicación provisional da ctuación para instalar plataforma única en dous tramos das rúas Rosalía de Castro e de Lugo en Ribeira

De entre as 22 empresas presentadas, a clasificada en primeiro lugar resultou ser Xestión Ambiental de Contratas, S.L. cunha proposta de 163.298 euros, IVE incluído

A xunta de goberno local do Concello de Ribeira procedeu hoxe á adxudicación provisional da obra destinada á instalación de plataforma única en dous tramos do centro urbano de Ribeira: un situado na rúa Rosalía de Castro e outro na rúa Lugo, perpendicular ao anterior.

De entre as 22 empresas presentadas, a clasificada en primeiro lugar resultou ser Xestión Ambiental de Contratas, S.L. cunha proposta de 163.298 euros, IVE incluído.

A actuación ten por obxecto continuar o proceso de humanización da cidade e mellorar a accesibilidade, cun cambio de xerarquía no que os peóns gañen en prioridade respecto aos vehículos a motor.

Así, conforme ao proxecto técnico elaborado polos servizos municipais, no que se refire a Rosalía de Castro a actuación abrangue entre a confluencia con Marcial del Adalid e o entronque co actual tramo peonil de Rosalía de Castro á altura da antiga Sanyg]. En canto á rúa de Lugo, comprenderá entre a praza do Concello e a encrucillada con Cristóbal Colón.

En ambos casos, o aglomerado da calzada será substituído por un pavimento de formigón semipulido intercalado con franxas transversais formadas por lousas de granito de 60x40x8, en tanto que as beirarrúas serán de granito silvestre de 60x40x4. Dáse continuidade así aos materiais empregados na parte inferior de Rosalía de Castro.

O prazo de execución da obra son tres.

Comentarios