Nova edición do festival de percusión BateBatuke

Nova edición do festival de percusión BateBatuke
Nova edición do festival de percusión BateBatuke

O 1 e 2 de xuño volve a Compostela o festival organizado por Trópico de Grelos

Como cada ano dende 2009, Compostela convírtese no escenario do festival de percusión brasileira BateBatuke que organiza Trópico de Grelos. Con ésta cúmplense XI edicións deste encontro cultural que terá lugar no recinto da antiga escola do Castiñeiriño os días 1 e 2 de xuño 2019.

Durante toda a fin de semana, o BateBatuke acolle numerosas actividades que fan do festival unha experiencia completa e pensada para todas as idades. Obradoiros de percusión da man dos mellores mestres, intervención de batucadas invitadas, mostra do alumnado da Escola Prucupá de Trópico de Grelos, circo, danza, artesanía e concertos, todo acompañado de xantar popular. O domingo a festa culmina cun gran pasarrúas cheo de enerxía no que participan os asistentes ó obradoiro do sábado, percorrendo as preciosas rúas do casco histórico de Compostela.

Como proxecto cultural o BateBatuke é unha das iniciativas levadas a cabo pola Asociación Cultural Trópico de Grelos, que aproveitando o final de curso da súa escola de percusión, a Escola Prucupá, persigue a visibilización dunha comunidade crecente unida en torno á percusión brasileira.

O carácter multidisciplinar, participativo e interxeracional do festival convérteno nun referente, dentro do seu xénero, en todo o noroeste da península, que incrementa de ano en ano a súa afluencia de público.

Comentarios