Continúan as conversas do goberno de Ames coa formación Ames Novo para a negociación dos orzamentos municipais 2019

Continúan as conversas do goberno de Ames coa formación Ames Novo para a negociación dos orzamentos municipais 2019
Foto de arquivo
Continúan as conversas do goberno de Ames coa formación Ames Novo para a negociación dos orzamentos municipais 2019

Na xuntanza presentouse un borrador de orzamento municipal no que se inclúen as grandes liñas de actuación

O pasado mércores 6 de febreiro reuníronse os voceiros das 3 formacións que conforman o goberno de Ames, Blas García( PSdeG), Genma Otero (Contigo Pódese) e David Santomil (BNG), que actúan en nome do goberno e o voceiro da formación Ames Novo, Quique Costas, máis Camen Calviño, concelleira da mesma formación, para continuar coa negociación dos Orzamentos Municipais de 2019.

Na xuntanza presentouse un borrador de orzamento municipal no que se inclúen as grandes liñas de actuación e se salientan a aposta polo reforzo nas políticas de promoción social, novos investimentos asociados á EDUSI, novos investimentos e reforzo dos servizos Educativos, aposta polas políticas de emprego público, que será obxecto de estudo e negociación.

Expúxolle a importancia de dar prioridade a aprobación do orzamento, seguir coas xuntanzas programadas e a vontade das dúas partes de seguir negociando coa intención de poder chegar a un acordo. Estableceuse o calendario para a próxima xuntanza que será o xoves 14 de febreiro na procura de seguir avanzando nas negociacións.

Comentarios