O Concello de Boqueixón ofrece dúas sesións formativas o venres 15 de febreiro

O Concello de Boqueixón ofrece dúas sesións formativas o venres 15 de febreiro

A primeira sesión ofrecerá claves para mellorar o rendemento dos escolares e a outra, dirixida a pais e nais, como mellorar a comunicación cos fillos e fillas

O Concello de Boqueixón organiza para o próximo venres 15 de febreiro dúas charlas formativas, dentro do Proxecto de Prevención de Condutas Adictivas, nas que colaboran a APA O Forte, ANPA ‘Val do Ulla’ do CRA Boqueixón-Vedra e a Consellería de Sanidade. Unha delas está dirixida a estudantes mentres que a outra se centrará nos pais e nais.

Ambas sesións estarán impartidas por Ana Couto, pedagoga e especialista en Educación Emocional. As dúas propostas son gratuítas, previa inscrición no Departamento de Eduación e Cultura do Concello de Boqueixón a través do teléfono 981 513 115 ou email, cultura@boqueixon.com.

Baixo o título Estudar con sentido. Aproveitar o tempo e mellorar a concentración no estudo, ofrécese unha actividade na que se aportarán claves para optimizar o tempo e fomentar a concentración. Esta iniciativa está dirixida a escolares de 6º de Educación Primaria, ESO e Bacharelato. A sesión desenvolverase na Aula de usos múltiples do CPI Antonio Orza Couto en horario de 15.30 a 17.00 horas.

Por outra banda, ofrecerase a charla dirixida a pais e nais Donde se merca a paciencia? Claves para mellorala. Esta sesión desenvolverase na Aula de usos múltiples da Casa do Concello ás 19.30 horas. Neste caso, a pedagoga e especialista en Educación Emocional guiará ás persoas asistentes na mellora da comunicación con seus fillos e fillas co fin de optimizar a súa relación.

Comentarios