Unha muller queda atrapada ao colidir o coche no que viaxaba con outro en Vigo

Unha muller queda atrapada ao colidir o coche no que viaxaba con outro en Vigo
Foto de arquivo
Unha muller queda atrapada ao colidir o coche no que viaxaba con outro en Vigo

O suceso tivo lugar sobre as 01:30 horas na EP-2005 en Bembrive

Unha muller queda atrapada no interior do coche no que viaxaba despois dunha colisión en Vigo.

Unha vez liberada polos bombeiros, foi evacuada xunto con outras dúas persoas ao centro hospitalario de referencia por mor das lesións provocadas polo impacto.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia ás 1:30 horas deste madrugada para dar conta dun accidente con dous vehículos implicados na EP-2005, en Bembrive. Igualmente, indicou que había unha muller atrapada no interior dun dos coches, polo que desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros de Vigo para o seu rescate.

En total, foron tres as persoas feridas no accidente, que foron evacuadas polos equipos médicos do 061-Urxencias Sanitarias.

Tamén, o operativo contou co apoio dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios
Lo más