Hoxe ás 19h "O inevitable" no Salón Teatro de Santiago

Hoxe ás 19h "O inevitable" no Salón Teatro de Santiago

Dentro do festival "Escenas do cambio" que se stá a desenvilver este días organizado pola Cidade da Cultura de Galicia

O Salón Teatro de Santiago é unha das sedes do festival "Escenas do Cambio", que se está a desenvolver estes días organizado pola Cidade da Cultura de Galicia. Dentro deste festival, a sede do Centro Dramático Galego acollerá hoxe domingo 10, ás 19h, 'O inevitable', espectáculo de debut da nova compañía Colectivo Marciano Balboa, do que vos achegamos máis información:

En escena teñen lugar os preparativos, accións, pensamentos, documentos e devezos de Antonio, unha persoa común que prepara a súa grande "acción humanitaria" co único fin de salvarse a si mesmo. Son as últimas 24 horas dun lobo solitario.

Un dispositivo de son alterado e manipulable recrea as minúsculas accións que compoñen a intimidade deste habitante do invisible mundo dos anxos e demos, esta rutina alucinatoria dun observador da vida allea, que busca insaciablemente referentes nos que reflectir as súas fobias e mitificar os seus actos.

Os recursos visuais e proxeccións funcionarán como escena aumentada do que ocorre en directo: diapositivas, planos detalle e fragmentos pregravados. Tamén haberá cadeiras voadoras e cordas flotantes, seitas patafísicas e remakes gloriosos de historias universais.

Con este proxecto nace tamén un novo colectivo, chamado Marciano Balboa. O Inevitable é o seu primeiro directo, unha historia sobre a estupidez humana e o fanatismo relixioso. Que sucederá?

Comentarios
Lo más