Plataformas cidadás da comarca de Santiago, Ordes, Bergantiños e O Deza únense para esixir que as administracións cumpran coa súa obriga de vixilancia medioambiental

Plataformas cidadás da comarca de Santiago, Ordes, Bergantiños e O Deza únense para esixir que as administracións cumpran coa súa obriga de vixilancia medioambiental
Foto: Gabriel Tizón
Plataformas cidadás da comarca de Santiago, Ordes, Bergantiños e O Deza únense para esixir que as administracións cumpran coa súa obriga de vixilancia medioambiental


A Casa da Cultura de Ordes acolleu este sábado pola tarde un cheo absoluto de xente con ao redor de 200 persoas. na estrea da reportaxe documental "Redes contra as políticas do espolio" realizado por Xosé Antón Bocixa Rei

Plataformas cidadás das comarcas de Santiago, Ordes, Bergantiños e o Deza escenificaron este sábado pola tarde as súas ansias de unión para afrontar mellor problemas colectivos e moi similares que se dán en todas elas, e defender con forza a necesidade de que as Administracións públicas cumpran a súa obriga de vixilancia medioambiental, algo que non está a acontecer a día de hoxe en Galicia. A Casa da Cultura de Ordes foi o lugar escollido para a estrea da reportaxe documental ‘Redes contra as políticas do espolio’, realizado por Xosé Antón Bocixa Rei, e o salón de actos quedou pequeno para acoller ás ao redor de 200 persoas que se achegaron desde os diferentes puntos de xeografía galega para asistir á cita.

Membros da Plataforma Mina Touro-O Pino Non, da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, da Asociación de Afectadxs polo vertedoiro de Lesta, da Plataforma de Afectadxs polo vertedoiro de Santiago de Compostela-Miramontes, da Pltaforma pola recuperación do Sar, da Plataforma de Afectadxs pola destilería de Contimunde, do Colectivos Non Eólicos en Ordes, da Comisión de Seguimento da Minaría e defensa do rural de Mesía-Frades, de Salvemos Catasós e da Plataforma Non mais eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural defenderon no evento a necesidade de que se implique toda a cidadanía na defensa da saúde, da terra, da auga e da vida, fronte á rapiña empresarial contaminante e para que o Goberno da Xunta, presidido por Alberto Núñez Feijóo, deixe de mirar cara a outro lado e cumpra coas súas responsabilidades.

Así, fixeron un chamamento a denunciar e protexer o territorio, a tomar as rendas desde os colectivos sociais para presionar aos políticos e velar polo presente e polo futuro do noso rural, algo que non están a facer os gobernos. Reclaman que se protexan os ríos e as terras e o aire, como elementos mínimos para poder vivir con dignidade e que se paralicen os proxectos ameazantes que hai actualmente enriba da mesa nestas comarcas e que supoñen unha seria ameaza. Así, chamaron a mudar o modelo actual e denunciaron que por exemplo, Sogama só xestiona o 11% do lixo que chega procedente dos concellos de toda Galicia, xa que o 89% restante dos residuos son enterrados no macrovertedoiro da Areosa (Cerceda) sen ningún tipo de selección. En efecto, no documental pódese apreciar como bolsas verdes de orixe sanitario e hospitalario, rodas, cinzas da incineradora, colchóns e lixo doméstico se mesturan dando lugar a todo un cóctel químico que verte augas abaixo.

Comentarios