O alcalde de Noia e a conselleira de Vivenda asinan o convenio para realizar obras dentro do Plan Hurbe

O alcalde de Noia e a conselleira de Vivenda asinan o convenio para realizar obras dentro do Plan Hurbe
Foto de arquivo
O alcalde de Noia e a conselleira de Vivenda asinan o convenio para realizar obras dentro do Plan Hurbe

Terá lugar hoxe luns ás 12:30 horas no Salón de Plenos

O salón de plenos do Concello de Noia acollerá hoxe luns 11 de febreiro, ás 12:30 horas, a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Noia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a realización de obras e actuacións e materia de urbanismo dentro do Plan Hurbe.

Un acordo que será asinado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto, e o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, que estarán acompañados pola directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, e membros da corporación municipal.

Tras a sinatura do convenio e as declaracións aos medios de comunicación, a comitiva trasladarase á Praza das Américas (12:50 horas) para visualizar o lugar onde empezarán os traballos de humanización. Está previsto que a visita remate ás 13:20 horas.

Comentarios
Lo más