Unha formación para mellorar as capacidades do Viravolta

Unha formación para mellorar as capacidades do Viravolta

O Viravolta mellorará desta forma a calidade dos seus adestramentos e a evolución das destrezas das e dos ximnastas de competición

Martín Casal, Candela Negreira e a súa adestradora Wendy Rey deplazáronse esta fin de semana a Benicarló (Castellón) xunto coa grata compañía das ximnastas e adestradora do Club X. R. María Barbeito de A Coruña para recibir formación do Club Mabel, un dos grandes referentes da élite da ximnasia.

Tanto os e as ximnastas como as adestradoras do club completaron a súa formación de forma privilexiada da man de Manola Belda, responsable do Club Mabel, que leva consigo unha gran colleita de títulos nacionais ó longo da súa historia, dende 1974.

O Viravolta mellorará desta forma a calidade dos seus adestramentos e a evolución das destrezas das e dos ximnastas de competición, que se preparan para o campionato galego que se celebra o 2 de marzo en Ribadeo, clasificatorio para o campionato de España.

Comentarios