Adxudican as obras de saneamento en Sirves, na parroquia de Olveira

Adxudican as obras de saneamento en Sirves, na parroquia de Olveira

O prazo de execución ascende a dous meses e medio

O Concello de Ribeira acaba de adxudicar con carácter provisional dunha actuación dirixida á ampliación do saneamento en Sirves, na parroquia de Olveira, que dá continuidade ás obras efectuadas o pasado ano pola Xunta de Galicia para dotar deste servizo ao devandito lugar.

Houbo 23 ofertas presentadas e a que obtivo a máis alta clasificación foi Excavaciones Abelleira, S.L., cunha oferta económica de 46.597 euros.

CATRO CAMIÑOS

A zona de actuación abrangue os coñecidos como camiño de Fontenla (onde se instalará saneamento ao longo dun tramo de 512 metros), de Carballeira (201 metros), A Agra (40 metros) e Bouza (60 metros).

As obras inclúen a instalación de tubaxes PVC de 250 milímetros de diámetro e a dotación de pozos de rexistro.

O prazo de execución ascende a dous meses e medio. 

Comentarios
Lo más