Comezan as obras da rotonda das Galanas para acceder á AG-56

Comezan as obras da rotonda das Galanas para acceder á AG-56

Nas próximas semanas está prevista unha nova xuntanza na sede da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, para valorar a repercusión das medidas adoptadas para desviar o tráfico pesado do centro do Milladoiro

Onte á mañá comezaron as obras para adaptar a rotonda das Galanas, para permitir o xiro dos vehículos pesados e poidan acceder con solvencia a autoestrada AG-56. Este proxecto, que depende do Ministerio de Fomento, enmárcase dentro dun serie de medidas para eliminar a circulación de vehículos pesados, con MMA maior a 30 toneladas, pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. 

Ademais, a semana pasada colocáronse AG-56 e no corredor AC-522 as sinais que proporcionan información sobre a ruta alternativa de circulación para non atravesar O Milladoiro. Dende o pasado 12 de decembro os vehículos pesados non poden circular pola avenida de Rosalía de Castro.

Deste xeito, ditos vehículos teñen que desviarse dende a SC-20 (á altura da gasolineira) cara a autoestrada AG-56 e polo corredor AC-522, ata a glorieta das Galanas, situada na N-550. Os únicos camións que poden circular pola avenida de Rosalía de Castro son os que se dirixan ao parque empresarial do Milladoiro e aos concesionarios situados no lugar de Reborido (zona sur do Milladoiro).

Estímase que con esta medida deixen de circular ao ano pola avenida de Rosalía de Castro preto de 100.000 vehículos pesado, xa que son máis de 250 camións, con MMA maior a 30 toneladas, os que atravesan cada día esta localidade.

Outros dos acordos adoptados na xuntanza do pasado mes de decembro foi a adaptación da rotonda das Galanas, para permitir o xiro dos vehículos pesados e poidan acceder con solvencia a autoestrada AG-56. Estas obras, que dependen do Ministerio de Fomento, comezaron a executarse onte.

Comentarios
Lo más