Denuncian o comportamento "nepotista, ditatorial e autoritario" do alcalde de Ribeira
A Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade denuncian o comportamento do alcalde popular de Ribeira ante a lei
A Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade denuncia publicamente "a deixadez, incumprimento da lei e falta de democracia por parte do alcalde ribeirense".
Dende agosto de 2018, lévase tramitando o expediente por unha queixa pola non cesión dun local para a ONG, ante a Valedora do Pobo. Ademais, a entidade presentou no Rexistro do Concello a posibilidade de intervir nun pleno municipal defendo a postura deles, "dereito que recolle o Regulamento de Participación Cidadá e que nunca se nos informou nin citou para tratar a citada petición", aseguran dende a Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade.
"É intolerable, que dende a clase política se pasen a lei "polo forro". Non ten cabida, que un alcalde, faga caso omiso ás petición que lle realiza a Valedora do Pobo. Tampouco que non cumpra o que recolle o Regulamento de Participación Cidadá e non chame a intervir no pleno á entidade ou persoa solicitante, ou polo menos que conteste á solicitude de intervención en pleno, no caso de que fose realizada incorrectamente" afirman dende a ONG da Barbanza.
Os propios voceiros da asociación cren que este "é un comportamento autoritario, nepotista e ditatorial a dun alcalde que entorpece o traballo dunha figuracomo a valedora do pobo, ademais de non ser un bo exemplo o incumprimento da lei"