Piden que non se peche a oficina do rexistro da Xunta en Doutor Teixeiro

Piden que non se peche a oficina do rexistro da Xunta en Doutor Teixeiro
Piden que non se peche a oficina do rexistro da Xunta en Doutor Teixeiro

O seu peche levará a ter que acudir ao Rexistro Xeral do edificio administrativo de San Caetano, facendo menos accesibles os trámites coa administración

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso a alcaldía de Santiago de Compostela, pide que non se peche o rexistro do Centro de Atención ao Cidadán da Xunta da Rúa Doutor Teixeiro. 

O seu peche levará a ter que acudir ao Rexistro Xeral do edificio administrativo de San Caetano, facendo menos accesibles os trámites coa administración, xa que o rexistro do Ensanche resulta moi cómodo á veciñanza pola súa localización.

Dende Compromiso consideran un paso atrás o peche desta oficina e piden a administración autónomica que recapacite e manteña a oficina aberta no centro ou, no seu defecto, nunha localización próxima e accesible.

Comentarios