O Equipo do GDR Terras de Compostela fórmanse en calidade turística SICTED

O Equipo do GDR Terras de Compostela fórmanse en calidade turística SICTED
O Equipo do GDR Terras de Compostela fórmanse en calidade turística SICTED

O GDR Terras de Compostela converterase no primeiro Destino Sicted na provincia da Coruña e o segundo de toda Galicia

O equipo técnico do GDR Terras de Compostela, responsable da xestión de parte do Xeodestino Terras de Santiago, asistirán ao longo da semana a un curso de formación sobre a homologación de calidade turística Sicted.

O GDR Terras de Compostela converterase no primeiro Destino Sicted na provincia da Coruña e o segundo de toda Galicia. A incorporación producirase dentro da tipoloxía Turismo Rural.

DESTINOS  SICTED

O Sicted é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SET), co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

A metodoloxía Sicted dota aos territorios dunha programa de traballo que consegue un nivel de calidade homoxéneo en todos os servizos ofrecidos. Os destinos Sicted dispoñen de ata 32 manuais de boas prácticas para outros tantos oficios do ámbito turístico.

O curso de formación ao que asiste o equipo técnico do GDR Terras de Compostela é o primeiro paso para poder formar posteriormente aos distintos establecementos que se adhiran. O fin último é que o Xeodestino terras de Santiago, nos territorios xestionados desde o GDR, consiga a homologación Sicted.

COMPROMISO MUTUO

Os establecementos que se unen adquiren un compromiso de boas prácticas e a cambio obteñen recursos como un plan de formación, visitas de asistencia técnica por parte de asesores homologados, talleres colectivos, etc.

Actualmente existen en toda España 190 Destinos Sicted con máis de 7000 empresas adheridas que desenvolven 35 oficios distintos.

Comentarios
Lo más