Sube lixeiramente a ocupación hoteleira na cidade durante o mes de xaneiro

Sube lixeiramente a ocupación hoteleira na cidade durante o mes de xaneiro
Sube lixeiramente a ocupación hoteleira na cidade durante o mes de xaneiro

No mes de febreiro, a propia Asociación fai unha previsión do 29,28% para os hoteis da cidade e do 24,55% para as pensións

Durante o mes de xaneiro, os establecementos hoteleiros de Santiago de Compostela acadaron unha ocupación do 29,12%, dos visitantes nacionais foron o 66,25% e os estranxeiros 33,75%. 

As pensións tiveron unha ocupación do 26,35%, no que destaca o peso dos turistas nacionais preto do 60% e dos estraxeiros 41,50%. Así o sinala o balance da Asociación de Hostelería Compostela Galicia datos que publican mensualmente.

En canto ao mes de febreiro, a propia Asociación fai unha previsión do 29,28% para os hoteis da cidade e do 24,55% para as pensións.

ANÁLISE DE DATOS

As cifras feitas públicas fan ver, cos datos do mesmo mes do 2018, que o turista estranxeiro volve a subir no mes de xaneiro e o nacional sufre unha baixada en hoteis. Nas pensións da cidade volvemos a atopar a mesma tendencia.

Comentarios