Chegan os ceos despexados a Compostela

Chegan os ceos despexados a Compostela
Chegan os ceos despexados a Compostela

En Compostela a temperatura mínima chegará ata os 6ºC e a máxima aos 15ºC

O martes as altas presións quedan situadas ao norte de Galicia, polo que se agarda un tempo seco e estable, coa retirada do aire frío de xornadas pasadas. 

Así, os ceos estarán pouco anubrados ou despexados, con algún intervalo de nubes de altas. 

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, reducíndose as zonas de xeadas. En Compostela a temperatura mínima chegará ata os 6ºC e a máxima aos 15ºC.

O vento soprará frouxo de dirección variable.

Comentarios