Choque múltiple de tres vehículos na AG-56, saída de Milladoiro

Choque múltiple de tres vehículos na AG-56, saída de Milladoiro
Choque múltiple de tres vehículos na AG-56, saída de Milladoiro

Foron alertados os axentes de Tráfico, a Policía Local, os Bombeiros de Santiago e os efectivos de Protección Civil

Un accidente múltiple, con tres vehículos implicados, sáldase cunha persoa ferida en Santiago de Compostela.

O accidente ocorreu na saída do Milladoiro da AG-56, dirección Santiago. Sobre as 08:00 horas desta mañá, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun choque múltiple, indicaba que non parecía que houbese persoas feridas e que, polo menos, había tres coches implicados. 

Neses intres, outro alertante aseguraba ao persoal do 112 que se trataba dun accidente no que un coche batera con outros dous. Pese a que, nun primeiro momento os alertantes indicaban que non había persoas feridas, o 112 Galicia puxo en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias que, unha vez no punto, confirmaron o traslado dun ferido en ambulancia.

Ademais dos servizos sanitarios, tamén foron alertados os axentes de Tráfico, a Policía Local, os Bombeiros de Santiago e os efectivos de Protección Civil.

Comentarios