Ferido un motorista na rotonda do Castiñeiriño esta madrugada

Ferido un motorista na rotonda do Castiñeiriño esta madrugada
Ferido un motorista na rotonda do Castiñeiriño esta madrugada

O accidente ocorreu sobre as 3:30 horas da madrugada

Esta madrugada tamén en Santiago de Compostela, un motorista resultaba ferido ao sufrir unha caída cando circulaba á altura da rotonda do Castiñeiriño, moi preto da gasolineira de Santa Lucía.

Ata o lugar, ademais do persoal sanitario desprazáronse os axentes de Tráfico e da Policía Local. Así mesmo, os Bombeiros da cidade e os efectivos de Protección Civil tamén foron informados polo 112 Galicia do suceso.

Comentarios