Un escape de gas en Vigo alerta aos servizos de emerxencia

Un escape de gas en Vigo alerta aos servizos de emerxencia

A muller non precisou de atención médica

Unha fuga de gas nunha bombona foi a causa pola que os servizos de emerxencia tiveron que actuar a pasada noite na Rúa de Penis na parroquia de Cabral en Vigo.

Todo comezou pasadas as 23:45 horas cando unha persoa chamaba ao 112 Galicia indicando no seu relato, que escoitaba o que podería ser un escape de gas. Decontado, os xestores de emerxencias alertaron da situación aos Bombeiros de Vigo, aos axentes da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil. Do mesmo xeito informouse a empresa suministradora de gas.

Unha vez no lugar, os servizo de bombeiros indicando que se tratara dunha fuga procedente dunha bombona de gas, polo que procedeuse a retirala e ventilar a vivenda. Ademáis, solicitaron a intervención dos servizos sanitarios. Xa no punto e atendida a muller, confirmaron que fora atendida no mesmos lugar e non precisou ser trasladada.

Comentarios
Lo más